Benvidos a.... FotogrAfrica

Porque queremos que saibades o que estamos a facer, onde imos ir, o que queremos transmitir.....
Esa é a finalidade deste blog, que diariamente teñamos un espazo onde ter información actualizada de FotogrAfrica e que tamén sexa un camiño para saber as túas opinións. Será fundamental a túa participación.Queremos contar contigo.

FotogrAfrica 2008/09 chega con novas actividades e percorrendo diferentes vilas

2009-03-10

fotogrAfrica en Verin



E para rematar o seu percorrido, FotogrAfrica atópase na casa da xuventude en Verín e onde ademais de poder ver a exposición disfrutarán das actividades que xiran ó redor dela.

2009-02-11

Chegamos a Noia

FotogrAfrica chega a Noia e estará albergada no Coliseum Noela ata o 26 de Febreiro

2009-01-23

Taller en O Carballiño



Médicos do Mundo impartiu o taller de Formación para formadores, para o persoal de Servizos sociais de O Carballiño os días 19, 20, 21 e 22 de xaneiro de 2009.

2008-11-28

Taller de Formación de Formadores en Melide





Miñas felicitacións a Mónica e María polo fantástico traballo que realizaron como impartidoras da formación en Educación Afectivo-sexual. Agradecer igualmente a tódalas persoas, especialmente voluntarios/as, que dun ou doutro xeito apoian esta campaña e fan posible a labor de sensibilización que aquí nos ocupa.

2008-11-06

CURSO DE AXENTES DE DINAMIZACION


O Curso de Axentes de Dinamización pretende dar a
coñecer a nosa organización e o noso traballo a todas
aquelas persoas que estean interesadas
en colaborar nas actividades de FotogrAfrica.
Éste foi o resultado.
Gracias a todos/as.

2008-09-03

FOTOGRAFRICA II


Médicos do Mundo Galicia ten como obxetivo conseguir unha maior mobilización da poboación galega, por eso introduce novas actividades con respecto a anos anteriores como talleres de creatividade interxeracional onde xóvenes e maiores darán renda solta á súa imaxinación nun proxecto conxunto libre coa finalidade de afondar na problemática da sida.
Outra novidade é a formación en educación afectivo-sexual á poboación local para que se convirtan en axentes de cambio social no seu entorno. Manteranse as visitas guiadas, talleres participativos e video-forum.
A campaña de sensibilización comenzou en Caldas de Reis o pasado xullo no marco do Festival Cultura Quente.