Porque queremos que saibades o que estamos a facer, onde imos ir, o que queremos transmitir..... Esa é a finalidade deste blog, que diariamente teñamos un espazo onde ter información actualizada de FotogrAfrica e que tamén sexa un camiño para saber as túas opinións. Será fundamental a túa participación.Queremos contar contigo.
FotogrAfrica 2008/09 chega con novas actividades e percorrendo diferentes vilas
A exposición atoparase durante un mes en cada un destes lugares:
Lugo: Setembro 2008 no Centro Uxío Novoneyra
Melide: Dende o 17 deNovembro ó 1 de decembro de 2008,na sala de exposicións do Edificio Multiusos. Vilalba: Do 3 ó 29 de decembro, na casa de cultura de Vilalba Carballiño: Dende o 8 ata o 30 deXaneiro 2009, na sala de exposicións do Auditorio municipal. Noia: Febreiro 2009, no coliseum Noela Verín: Do 2 de marzo ata o 27 dese mesmo mes, Na casa de xuventude de Verín.
1 comentario:
Que gran día o de Betanzos, eu penso que foron das persoas máis participativas dentro do pouco que vin con respecto o ano pasado.
bikiños
Publicar un comentario