Benvidos a.... FotogrAfrica

Porque queremos que saibades o que estamos a facer, onde imos ir, o que queremos transmitir.....
Esa é a finalidade deste blog, que diariamente teñamos un espazo onde ter información actualizada de FotogrAfrica e que tamén sexa un camiño para saber as túas opinións. Será fundamental a túa participación.Queremos contar contigo.

FotogrAfrica 2008/09 chega con novas actividades e percorrendo diferentes vilas

2007-09-18

FotogrAfrica - Galicia

Un continente, catro paises. Millóns de persoas, unha pandemia.Unha iniciativa, catro fotógrafos. Lorena Ros, Javier Teniente, Xulio Villarino, Rosina Ynzenga, viaxaron a Africa para impartir sendos obradoiros de fotografía, video e audio con colectivos de persoas afectadas pola sida. Mulleres de Namibia, persoas seropositivas de Senegal, persoal sanitario de Mozambique e xovenes de Angola aprenderon a utilizar medios audiovisuais para transmiti-las súas vivencias en torno ó VIH/sida. O traballo desenvolvido nos talleres foi documentado por un equipo de rodaxe que produciu un documental sobre estas experiencias.
O resultado e este. FotogrAFRICA, unha exposición audiovisual itinerante que reune os testimonios directos das propias persoas afectadas polo VIH/Sida. Elas son as verdadeiras protagonistas, elas nos mostran os rostros que hai máis alá das cifras e as estadísticas nun proxectoque ten como finalidade que ti vexas, a través dos seus ollos, como as poboacións subsaharianas, aman, ríen, xogan, traballan, loitan, viven a pesar da enfermidade. Invitámoste a que participes activamente na loita contra a pandemia e te comuniques coas persoas que nos ofrecen as súas historias.

No hay comentarios: