FotogrAfrica 2008/09 chega con novas actividades e percorrendo diferentes vilas
2007-10-16
Tres, dous, un ...
Comeza a conta atrás para o proxecto Fotografrica, vidas arredor da sida, o cal pretende contribuír a que a sociedade galega entenda cómo afecta o VIH a diversas poboacións destes catro países surafricanos: Namibia, Angola, Mozambique e Senegal.
A exposición consta de 24 paneis e será inaugurada en Santiago de Compostela o 30 de novembro con motivo da celebración do Día mundial de loita contra a sida, acompañándoo de actividades coma o ciclo de charlas sobre esta temática.
Os paneis viaxarán polas catro provincias galegas, concretamente por Santiago, Allariz, Carballo, Betanzos, Monforte de Lemos, Foz, Cambados , Lalín e O Barco, e ó redor dela xirarán actividades de sensibilización acerca do VIH mediante obradoiros de capacitación e mobilización social previos á chegada de FotogrAfrica ós lugares nomeados.Unha vez que a exposición chegue ós lugares correspondentes, realizaranse actividades concretas de video-forum e talleres con visitas guiadas.
Médicos do Mundo- Galicia con esta actividade pretende abrir unha porta de participación cidadá e de implicación mediante o voluntariado como motor de cambio. Por todo esto convidámoste a involucrarte persoalmente na realización destas actividades, ponte en contacto connosco, galicia.voluntariado@medicosdelmundo.org ou no 981 578 182.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario